¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Autoridades e representantes da ES
Autoridades e representantes da ES

Santiago acolleu a presentación do 'Manifesto da Economía Social'

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, presentou este luns o ‘Manifesto da Economía Social’ no marco da capitalidade española de economía social 2022

 

A sé da Fundación Laboral da Construción en Santiago de Compostela acolleu este luns a presentación do ‘Manifesto da Economía Social’ con ocasión do décimo aniversario da Lei 5/2011 de 29 de marzo, de Economía Social. O acto contou coa participación de representantes de diversas institucións e organismos públicos como a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; a directora xeral de Traballo Autónomo, Economía Social e Responsabilidade Social das Empresas, Maravillas Espín; o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; entre outros. Así como numerosos representantes de entidades da economía social como o presidente de Foroesgal, Celso Gándara; o presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), Juan Antonio Pedreño; ou o presidente de COCETA, Luís Miguel Jurado.

O rexidor compostelán foi o primeiro en dirixirse ao público asistente. Durante a súa intervención sinalou que o peso da economía social na capital galega é “moi relevante“ pois Santiago “conta con 96 cooperativas e 69 sociedades de inserción laboral“. Así mesmo, declarou que a capitalidade española de economía socialé unha aposta para potenciar as iniciativas emprendedoras e potenciar as empresas de economía social“ e aproveitou para anunciar o lanzamento “dunha liña de axudas directas específicas para os sectores da economía social e a economía circular“.

Para a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, a capitalidade española da economía social que ostenta Santiago é un recoñecemento que chega nun ano “moi importante“ para a capital de Galicia, inmersa no Xacobeo. Lorenzana agradeceu ás administracións estatal e local o sumar sineras para reforzar a economía social, poñendo como escaparate a Santiago de Compostela.

En canto ao documento presentado esta mañá, a conselleira encomiou un manifesto que senta as bases do camiño a seguir para a consolidación da economía social como modelo empresarial. Para Lorenzana, a economía social debe ser sinónimo de tradición e éxito, e de cambio e innovación para construír unha sociedade con máis e mellores oportunidades.

A titular de Emprego explicou as cinco principais razóns polas que a economía social debe ser unha aposta de futuro en Galicia: porque é solidaria antepoñendo os beneficios sociais e colectivos á rendabilidade financeira; comprométese coa súa contorna; fixa poboación no medio rural, creando actividade económica e ofrecendo servizos; xera emprego estable, de calidade e resistente ás crises; e actúa contra as desigualdades favorecendo a redistribución de recursos.

Desde a Xunta apostan por este modelo de negocio poñendo en marcha actuacións encamiñadas a apoialo como o programa Aprol Economía Social ou as axudas dos bonos Consolida e E-Transforma, recordou Lorenzana. “É necesario que partamos desa necesidade de innovar, que saibamos aproveitar as posibilidades que ofrece a economía social en relación a outros modelos empresariais e máis trala crise da que vimos“, afirmou.

Tras estas intervencións celebrouse unha mesa de diálogo na que participaron a directora xeral de Traballo Autónomo, Economía Social e RSE do Ministerio de Traballo e Economía Social, Maravillas Espín; o presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), Juan Antonio Pedreño; a secretaria xeral de apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e o presidente do Foro da Economía Social Galega (FOROESGAL), Celso Gándara.

A directora xeral de Traballo Autónomo, ES e RSE do Ministerio de Traballo e Economía Social, Maravillas Espín, recoñeceu que un dos retos da economía social é a visibilización do seu potencial “para mellorar ao conxunto da sociedade“. Así mesmo, subliñou o traballo que desde o Ministerio realízase acudindo a foros internacionais; impulsando a imaxe e presenza da economía social; así como en actos a nivel nacional; facilitando o acceso a recursos por parte da economía social.

Pola súa banda, o presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), Juan Antonio Pedreño, subliñou que “o sector ten o reto fundamental de medrar para cambiar de escala, para influír nas políticas públicas, para evitar discriminacións lexislativas e para traballar no emprendemento xuvenil“ e insistiu na necesidade de “mellorar a visibilidade da economía social para que se coñeza e recoñeza“.

Toca destacou a importancia da innovación na creación de emprego e o apoio desde a Xunta á aceleración de proxectos para a creación e consolidación deste tipo de empresas.

O presidente de Foroesgal , Celso Gándara apuntou aos tres retos que afronta a economía social: crecemento, innovación social e perspectiva de xénero. Tamén destacou a intersectorialidade deste modelo empresarial como “unha das claves para facer crecer a economía social“, e recordou a variedade de sectores que engloba: agricultura, gandeiría, cultura, medio ambiente, comunidades enerxéticas, etc.

“Ás veces a realidade coopera co desexo e iso é o que nos trae a Santiago“, comezou a súa intervención a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, quen destacou, ademais, que “a cooperación está no ADN da economía social, un modelo participativo, democrático, horizontal e igualitario“. En Galicia a economía social estivo instaurada durante décadas, grazas a que xera “riqueza, emprendemento e emprego de calidade“. Desde cooperativas agrarias ata confrarías de pescadores, pasando por mutualidades, asociacións e fundacións, todas, para a ministra de Traballo, “desenvólvense en Galicia da man da innovación, a eficiencia económica e a responsabilidade social“. A Economía Social, sinalou Díaz, ofrece "unha resposta sólida, integral e cohesionada aos sostibilidade, a crise demográfica, a urxencia ambiental, o desafío do coidado e o cambio que a dixitalización trouxo nas nosas vidas". Tamén subliñou que España está á vangardia da economía social a nivel internacional e recordou as diversas normativas que posúe o noso país para regular ese modelo empresarial, coa Lei de Economía Social, a Lei de Empresas de Inserción e a Lei de Cooperativas.

“Procurar a súa internacionalización e incorporar a dixitalización en todos os procesos“ son os dous retos que segundo a vicepresidenta aborda afronta este modelo empresarial na actualidade e debullou os esforzos que desde o ministerio estanse levando a cabo neste sentido.

Con respecto ao manifesto, a vicepresidenta explicou que se trata “dunha obra colectiva, cunha singularidade, e é que cada un dos principios que definen a economía social foron redactados por distintas entidades de economía social, en base á súa experiencia, demostrando poden e deben ir da man“.

Ao término da presentación, a ministra desprazouse ata as instalacións de Cooperativas Lácteas Unidas (Clun) no concello de Ames, onde conversou con mulleres que dirixen explotacións gandeiras e que tamén representan á cooperativa agroalimentaria.

Durante o acto rendeuse homenaxe a dúas figuras históricas da economía social galega: o presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) entre 2013-2021  e exvicepresidente de CEPES, José Montes; e o presidente de Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL), José Antonio Vázquez.

Montes subliñou a importancia de seguir avanzando en cooperación mentres que Vázquez destacou a capacidade da economía social para xerar “emprego, estabilidade e dignidade“ e resaltou o papel das mulleres neste modelo empresarial.

EVENTO COMPLETO

Representantes da Economía Social
Representantes da Economía Social
Autoridades e representantes da Economía Social
Autoridades e representantes da Economía Social
Presentación a cargo de Abeta Chas
Presentación a cargo de Abeta Chas
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar